Nava Castro salienta a aposta da Xunta de Galicia por seguir avanzando en garantir un Camiño de Santiago sen barreiras
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez, recibiron hoxe un grupo de peregrinos da asociación andaluza Bahía de Costa Cabana, que conta con persoas con discapacidade intelectual, e que viñan de realizar o Camiño Francés. Puxo de manifesto a positiva evolución da Ruta Xacobea, que está a medrar a un ritmo do 10% e que en meses como este permiten a chegada diaria duns 2.000 peregrinos a Santiago de Compostela.

A Xunta de Galicia traballa para que esta evolución sexa sustentable e diversificada, da man do Plan Estratéxico do Xacobeo 21, a folla de ruta da Xunta para conseguir que o Ano Santo sexa participativo e que o crecemento que recibamos sexa diversificado e permita poñer en valor o territorio e a cultura da comunidade galega. Tamén se conta con ferramentas como o Plan de accesibilidade turística co que se sensibiliza, se promove a formación sobre accesibilidade e grazas ao que se ten avanzando no acondicionamento e adaptación dos albergues da rede pública.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/08/2019