O Sergas aporta máis de 40.000 euros para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente do Consello Oficial de Médicos de Galicia, José Luis Jiménez Martínez, veñen de asinar un convenio de colaboración entre o Sergas e a entidade colexial para o desenvolvemento do Programa de Atención Integral ao Médico Enfermo (PAIME). En base a este convenio, o Sergas comprométese a achegar un total de 40.057 euros.

En consecuencia, as partes asinantes consideran, atendendo ás características propias do exercicio da profesión médica, que os facultativos enfermos requiren unha atención médica específica e especializada, xa que iso permitirá a detención precoz dos casos e a instauración dos tratamentos necesarios, co fin de garantir o axeitado exercicio profesional.

Deste xeito, tanto a Consellería de Sanidade, como o Sergas, seguen a apostar polo coidado aos seus profesionais como parte fundamental do sistema.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 19/08/2019