Porro reúnese con representantes de ACCU, Cogami e DisCamino para abordar a necesidade de baños adaptados a persoas ostomizadas
Vigo, 22 de agosto de 2019

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, mantivo esta mañá cos responsables da Asociación de enfermos de Crohn e colite ulcerosa (ACCU), da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e DisCamino unha xuntaza para explicarlles polo miúdo o proxecto de implementación de baños adaptados para persoas ostomizadas nas distintas dependencias autonómicas na cidade de Vigo.

Tras o anuncio a pasada semana desta iniciativa que o Goberno galego iniciou xa hai anos nos baños dos hospitais do Sergas, convertendo a Galicia na Comunidade pioneira en España nesta materia, a representante autonómica quixo manter unha reunión cos colectivos aos que vai dirixida a medida. Explicoulles así que se comezará polas dependencias da Delegación Territorial e que os futuros edificio xudicial e albergue de peregrinos na cidade contarán tamén con aseos adaptados.

Para rematar, Corina Porro invitou ao resto de administracións, servizos públicos e empresas privadas a sumarse a esta iniciativa.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 22/08/2019