A Xunta adxudica obras de mellora nas estacións depuradoras de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico de preto de 90.000 euros

Estas infraestruturas son explotadas a través de Augas de Galicia, que apoia aos concellos nas súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento das augas residuais, e os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coopera cos concellos a través de Augas de Galicia para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados e garantir a súa calidade de vida
 

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia vén de adxudicar obras de mellora nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDARs) dos concellos de Laxe e Camariñas, cun investimento autonómico superior aos 48.000 euros.

Estas actuacións de Augas de Galicia dispoñen dun prazo de execución de 3 meses e foron adxudicada á empresa Soil Tratamientos de Aguas Industriales S.L.U.

A intervención na estación depuradora de Laxe permitirá a ampliación da capacidade de aireación do reactor biolóxico e tamén se aproveitarán os traballos para a instalación dunha escaleira no pretratamento da EDAR, e supón un investimento de máis de 45.600 euros.

Pola súa banda, as intervencións na depuradora de Camariña, comprenden a execución dun novo canal de desinfección, a ampliación do sistema de control do vertido en continuo e a instalación dunha liña de vida no espesador de fangos da EDAR. Nesta actuación o investimento autonómico supera os 43.500 euros.

Cómpre sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás Administracións locais no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais.

Esta intervención enmarcase na cooperación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cos Concellos para que a cidadanía dispoña de servizos axeitados, e garantir a calidade de vida dos seus habitantes.

Data de actualización: 31/08/2019