A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h de hoxe

Permanece activo, pero cunha evolución favorable, o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que afecta tamén ao de Porto do Son, cunha superficie dunhas 175 hectáreas, segundo as últimas medicións

Seguen controlados os lumes de Zas-Muíño (últimas medicións indican que afectou 20,9 ha), Monforte de Lemos (465 ha) e Lobeira (150 ha), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés

Quedaron extinguidos os lumes de Fisterra (134,1 ha) e Cenlle (45,91 ha)
 

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Segue activo, pero cunha evolución favorable, o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que se iniciou na parroquia de Oleiros e que tamén afecta o municipio de Porto do Son. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 175 hectáreas. Este cálculo é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 22 axentes, 36 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Permanecen controlados os seguintes lumes: Zas-Muíño (últimas medicións indican que afectou 20,9 ha); Monforte de Lemos (465 ha) e Lobeira (150 ha), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés.

Quedaron extinguidos os incendios de Fisterra (134,1 ha) e Cenlle (45,91 ha).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/09/2019