A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

Permanece controlado o lume de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, que afecta provisionalmente unha superficie de 465 hectáreas

Extinguido o incendio rexistrado no concello de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, que afectou unha superficie de 150 hectáreas no Parque Natural do Xurés

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Controlado

Monforte de Lemos

Continúa controlado desde as 13,48 h. do venres o lume de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, tras comezar o pasado xoves ás 13,22 h. Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 15 axentes, 75 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Extinguido

Lobeira

Extinguido ás 11,38 h. desta mañá o lume rexistrado no concello de Lobeira, na parroquia de San Xes de Vilariño, tras comezar o pasado xoves ás 7,50 h. da mañá. Segundo a última estimación, a superficie afectada foi de 150 hectáreas rexistradas dentro do Parque Natural do Xurés, das cales 30 foron de monte arborado e 120 de monte raso. Nos labores de extinción participaron 1 técnico, 18 axentes, 53 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 09/09/2019