O conselleiro de Sanidade apela á solidariedade dos cidadáns para aumentar as doazóns de sangue, especialmente dos grupos A positivo, A negativo e 0 negativo
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, doou sangue hoxe nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, visita comprendida dentro da campaña de doazón de sangue "Verán 2019", que promove a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), co obxectivo de obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias.

O titular de Sanidade apelou á probada xenerosidade e solidariedade dos cidadáns para que doen sangue e salientou que, coma sempre, o chamamento é xeneralizado á participación de todos os doadores e doadoras, pero, nestas semanas, estase a precisar un aumento de doazóns dos grupos A Positivo e Cero Positivo; os máis comúns entre a poboación galega, e do Cero Negativo; popularmente coñecido como doador universal.
 

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 10/09/2019