Sanidade está a implantar distintas medidas para dar resposta ao envellecemento poboacional
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, participou esta mañá na III Andaina Solidaria co Alzheimer. Ao remate da mesma, na Praza do Obradoiro, Almuiña afirmou que “estamos ante unha enfermidade que supón un gran reto sociosanitario e que, se non tomamos medidas, suporá un problema aínda maior nos próximos anos”. O Alzheimer afecta a máis de 700.000 persoas maiores de 40 anos en España e se estima que no ano 2050 o padecerán en torno a dous millóns.

O Conselleiro lembrou que o seu departamento vén asinando convenios de colaboración anuais coa Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (FAGAL), un deles en 2019 cun orzamento de 64.042 € e destinado a actividades de información e apoio aos familiares e coidadores.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 14/09/2019