Os centros de ensino da Consellería do Mar ofertan máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo ata finais de ano

Desta formación poderán beneficiarse arredor de 650 persoas

Os cursos dispoñibles son de patrón costeiro polivalente, mariñeiro pescador, percebeiro, mariscador a pé, capitán de pesca, habilidades sociais e da comunicación e emprendemento para crear unha empresa

Tamén se oferta formación de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo e relacionada con primeiros auxilios para o mergullo ou a súa actualización

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2019

A Consellería do Mar oferta ata finais deste ano máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo a través dos seus centros de ensino, que son a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, a de Ferrol, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Esta formación realízase atendendo ás necesidades do sector e a través dela poderán formarse arredor de 650 persoas.

Dos 44 cursos que se ofertan ata finais de ano, 11 son de mariñeiro pescador, seis de patrón costeiro polivalente e un de capitán de pesca. Tamén hai tres de percebeiro, sete de mariscador, un de mergullo, seis relacionados cos primeiros auxilios no mergullo e actualizacións nesta materia, dous de habilidades sociais e comunicación, un de emprendemento para a creación dunha empresa e outros tres serán dalgunha destas dúas últimas materias en función das matrículas presentadas.

Para estes cursos a matrícula está aberta ata completar a oferta e as persoas interesadas poderán consultar en cada un dos centros a dispoñibilidade de prazas. Outros cursos que se ofertan dentro dos 44 son tres de mariñeiro pescador na modalidade online, para os que a matrícula xa está pechada.

En canto ao resto do curso, xa o ano que vén, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira prevé unha oferta de 15 cursos, entre eles de mariscador, mariñeiro pescador presencial e online, habilidades sociais e da comunicación, formación sanitaria e emprendemento, entre outros. O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo prevé ofertar para o ano que vén 20 cursos, entre eles de mariñeiro pescador presencial e online, de percebeiro, mariscador, e relacionados coas habilidades sociais e o emprendemento.

Mentres, o Igafa e a EONP de Ferrol irán programando este tipo de formación do ano que vén segundo avance o curso. Esta formación súmase á que se imparte en distintos portos do litoral de Galicia e á formación regrada dos centros dependentes da Consellería do Mar.

A oferta de cursos por centros ata finais de ano é a seguinte:

 

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE RIBEIRA

Nome do curso
Duración
Mariñeiro/a pescador modalidade online

Do 23/09/2019 ao 08/11/2019 (matrícula pechada)

Mariñeiro/a pescador
 
Do 23/09/2019 ao 4/10/2019
Mariscador/a a pé
Do 25/09/2019 ao 25/10/2019

Patrón/a costeiro polivalente (máquinas e ponte)

Do 7/10/2019 ao 16/06/2020
Habilidades sociais e comunicación
Do 30/10/2019 ao 27/11/2019

 

ESCOLA OFICIAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE FERROL

Nome do curso
Duración
Mariñeiro/a pescador modalidade online

Do 23/09/2019 ao 08/11/2019 (matrícula pechada)

Mariñeiro/a pescador/a
Do 23/09/2019 ao 04/10/2019
 
Mariñeiro/a pescador/a
Do 7/10/2019 ao 18/10/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 21/10/2019 ao 5/11/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 11/11/2019 ao 22/11/2019
Patrón/a costeiro polivalente sección ponte
Do 11/09/2019 ao 20/12/2019

Patrón/a costeiro polivalente sección máquinas

Do 23/09/2019 ao 5/12/2019
Percebeiro/a
Do 25/11/2019 ao 13/12/2019

 

INSTITUTO POLITÉCNICO MARÍTIMO PESQUEIRO DO ATLÁNTICO DE VIGO

Nome do curso
Duración
Patrón/a costeiro polivalente completo
Do 16/09/2019 ao 10/03/2020
Patrón/a costeiro polivalente sección máquinas
Do 16/09/2019 ao 15/11/2019
Patrón/a costeiro polivalente sección ponte
Do 18/11/2019 ao 28/02/2020
Mariñeiro/a pescador modalidade online

Do 23/09/2019 ao 08/11/2019 (matrícula pechada)

Capitán/a de pesca
Do 1/10/2019 ao 29/05/2020
Mariñeiro/a pescador/a
Do 16/09/2019 ao 27/09/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 7/10/2019 ao 18/10/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 21/10/2019 ao 30/10/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 4/11/2019 ao 15/11/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 18/11/2019 ao 29/11/2019
Mariñeiro/a pescador/a
Do 9/12/2019 ao 20/12/2019
Mariscador/a
Do 16/09/2019 ao 27/09/2019
Percebeiro/a
Do 30/09/2019 ao 11/10/2019
Mariscador/a
Do 14/10/2019 ao 25/11/2019
Habilidades sociais/emprendemento
Do 28/10/2019 ao 08/11/2019
Percebeiro/a
Do 11/11/2019 ao 22/11/2019
Habilidades sociais/emprendemento
Do 25/11/2019 ao 04/12/2019
Mariscador/a
Do 09/12/2019 ao 20/12/2019

 

INSTITUTO GALEGO DE FORMACIÓN EN ACUICULTURA

Nome do curso
Duración
Mariscador/a a pé
Do 16/09/2019 ao 2/10/2019
Mariscador/a a pé
 
Do 17/10/2019 ao 06/11/2019
 
Mariscador/a a pé
Do 21/11/2019 ao 06/12/2019
Habilidades sociais e comunicación
Do 3/10/2019 ao 16/10/2019
Emprendemento: creación dunha empresa
Do 6/11/2019 ao 19/11/2019
Curso de habilidades sociais e comunicación/Emprendemento
Do 9/12/2019 ao 20/12/2019

Curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo

Do 28/10/2019 ao 26/11/2019
Primeiros auxilios para mergullo, nivel I
Do 30/09/2019 ao 04/10/209
Primeiros auxilios para mergullo, nivel I
Do 4/11/2019 ao 8/11/2019
Primeiros auxilios para mergullo, nivel I
Do 9/12/2019 ao 13/12/2019

Reciclaxe de primeiros auxilios para mergullo, nivel I

Do 19/09/2019 ao 20/09/2019

Reciclaxe de primeiros auxilios para mergullo, nivel I

Do 24/10/2019 ao 25/10/2019

Reciclaxe de primeiros auxilios para mergullo, nivel I

Do 28/11/2019 ao 29/11/2019
Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 14/09/2019