Ovidio Rodeiro participou na III Festa da Malla no concello das Somozas á que asistiron máis de 350 veciños
As Somozas (A Coruña), 21 de setembro de 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembras, participou na III edición da Festa da Malla, un evento que congregou a máis de 350 veciños no que se mostrou como se levaba a cabo unha das labores do campo máis tradicionais neste municipio. A malla é a operación de bater o cereal coa finalidade de separar a semente o gran do millo da palla para elaborar posteriormente a fariña. Nesta actividade participaron 20 persoas que levaron a cabo a malla tradicional con máquinas antigas.

O delegado territorial destacou “a importancia de poñer en valor estas tradicións e valorou os esforzo do alcalde por recuperar o lugar de Seixidal o que permitiu poñer en valor un espazo emblemático deste Concello coa apertura dun museo etnográfico e didáctico ao servizo de todos os veciños e visitantes”. Neste senso, apuntou, “que coa súa apertura as actividades neste centro pretenden mostrar como se vivía nas aldeas e como se levaban a cabo as tarefas do campo”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2019