Carmen Pomar dálles a benvida aos docentes en prácticas que se incorporan ao sistema educativo este curso
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2019

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, deulles a benvida esta mañá aos docentes en prácticas que este curso se incorporan ao sistema educativo galego e que hoxe participaron nunha xornada de formación inicial específica celebrada en Santiago.

Pomar subliñou que a formación do profesorado é un “factor determinante” na calidade do sistema educativo; de aí que o seu departamento estea a facer unha importante aposta por unha oferta formativa flexible e orientada segundo as temáticas e especialidades, e que tamén teña en conta as demandas, as necesidades e os intereses dos propios docentes.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2019