Ovidio Rodeiro felicita a Florentina Couto, unha residente de Volta do Castro, que cumpriu 100 anos

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado pola xefa territorial de Política Social, María Aller, e pola directora da Residencia Volta do Castro, Pilar Herrero, felicitou está mañá a Florentina Couto Bragaña, unha veciña de Boqueixón, no aniversario do seu centenario.

O representante do Goberno Autonómico estivo acompañado polos familiares, amigos e polo equipo da residencia Volta do Castro na que reside dende o falecemento do seu marido. Ovidio fixo entrega dun ramo de flores á homenaxeada en nome de todos os asistentes e posteriormente tivo lugar a actuación do grupo de pandereteiras de Codeso.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 28/09/2019