Díaz Mouteira asiste aos actos conmemorativos do Día da Policía Nacional
Ourense, 2 de outubro de 2019

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu esta mañá aos actos institucionais do Día da Policía, coincidindo coa festividade dos Anxos Custodios, patrón do corpo da Policía Nacional. A programación incluíu unha cerimonia relixiosa celebrada na Catedral e un acto de entrega de condecoracións que se desenvolveu, de seguido, no Liceo Recreo Ourensán e que contou coa presenza de numerosas autoridades locais e provinciais.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 02/10/2019