Política Social participa na marcha ciclista unificada organizada por Special Olympics Galicia
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2019

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta mañá ao acto de inauguración da Marcha Ciclista Unificada organizada por Special Olympics Galicia. O evento desenvolveuse na praza do Obradoiro.

Ildefonso de la Campa destacou a importancia do deporte como vehículo para a inclusión, así como para mellorar as habilidades e autoestima das persoas con discapacidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/10/2019