O 061 de Galicia asistiu a 57 persoas por 44 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 7 de outubro de 2019

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 4 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 6 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 19 sinistros.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 57 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 56% e do 44% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 22 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

 

Provincia
Accidentes

A Coruña

22
Lugo
4
Ourense
7
Pontevedra
11
Galicia
44

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, o helicóptero medicalizado asistiu nun ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 48 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 07/10/2019