A Consellería de Política Social comeza a traballar coa Asociación de Celíacos de Galicia

A conselleira Fabiola García reuniuse esta mañá coas directivas desta entidade

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2019

A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, mantivo hoxe un primeiro contacto co equipo directivo da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega). O obxectivo deste encontro foi avanzar no cumprimento do compromiso adquirido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o Debate de Estado da Autonomía de cara a facilitar a identificación dos establecementos de hostalería que ofrecen opcións seguras para as persoas celíacas.

Fabiola García comprometeuse a continuar traballando da man deste colectivo para que, a partir de 2020, Galicia sexa a comunidade de referencia en España en canto ao apoio da Administración autonómica ás persoas que non poden inxerir glute.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Política Social
Data de actualización: 08/10/2019