O Consello Asesor do Libro fai balance das accións desenvoltas en 2019 e aborda as perspectivas para o próximo ano
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe na Cidade da Cultura a reunión do Consello Asesor do Libro, o organismo dedicado ao estudo e ao asesoramento sobre as políticas relacionadas coa Lei 17/2006, do 27 decembro, do libro e da lectura de Galicia.

Representantes das administracións autonómica e local, e das principais entidades galegas vinculadas co sector do libro participaron na xuntanza na que se trataron diversos asuntos como as convocatorias de axudas ao libro e a novidades editoriais para 2020 ou a proposta de calendario do libro e da lectura para o vindeiro ano. Tamén se fixo balance da asistencia a feiras e festivais internacionais do libro neste ano e sobre as actuacións levadas a cabo nas bibliotecas públicas. Así mesmo, abordouse a situación do traslado do equipamento e dos fondos bibliográficos da Biblioteca de Ourense cara a súa nova sede na rúa de San Francisco.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/10/2019