Valentín García e Jacobo Sutil entregan o premio do concurso 'O galego crea ambiente' no marco de Fest Galicia
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, fixeron entrega do premio incluído no sorteo da actividade O galego crea ambiente, unha campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa Fest Galicia Xunta de Galicia.

A gañadora, Carla Fernández, que participou no concurso Pasa a palabra no Festival Son Rías Baixas, celebrado en Bueu, recibiu a bicicleta eléctrica que se sorteou entre as máis de 1000 persoas participantes no conxunto dos 12 festivais.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/10/2019