Valentín García e Ovidio Rodeiro asisten en Boqueixón ao espectáculo 'A nena e o grilo máis aló'
Boqueixón (A Coruña), 27 de outubro de 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial Ovidio Rodeiro asistiron hoxe ao mediodía na Casa da Cultura de Camporrapado ao espectáculo de dinamización lingüística A nena e o grilo máis aló. A actividade está de xira por dez localidades da Rede de Dinamización Lingüística, ata novembro, da man de Magín Blanco, Teatro dos Gazafelhos e Christian Leggiero e dentro programa FalaRedes 2019 da Consellería de Cultura e Turismo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/10/2019