A Xunta asesora aos comerciantes da Estrada sobre a normativa co obxectivo de mellorar a calidade e o servizo aos consumidores

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou nun encontro no que afondou en aspectos como os horarios comerciais, as promocións de vendas, as follas de reclamacións e garantías e os prezos e medios de pagamento

A Estrada (Pontevedra), 29 de outubro de 2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou este serán na Estrada nunha xornada informativa organizada pola Federación Galega EuroConsumo en colaboración coa Asociación de comerciantes da Estrada (ACOE) para asesorar e informar aos comerciantes sobre os principais aspectos da normativa de aplicación, co obxectivo de continuar mellorando a calidade do sector comercial galego e o servizo que se presta aos consumidores.

Durante o encontro, Vázquez Abeal informou ao colectivo sobre os horarios comerciais, as promocións de vendas (rebaixas, liquidacións e descontos); as follas de reclamacións e garantías e os prezos e medios de pagamento, a devolución de produtos e as feiras de oportunidades.

Outros aspectos que se abordaron foron a prevención de riscos laborais no sector, ou como lle afecta a normativa de protección de datos.

Data de actualización: 29/10/2019