Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

O IGE publica a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2018

Os nomes máis empregados para as nenas nadas en Galicia seguen sendo, ao igual que no 2017, Sofía, Noa, Daniela, Martina e Sara

En canto aos masculinos, destacan Mateo, Martín, Lucas, Hugo e Leo

Santiago de Compostela, 30 de outubro 2019

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2018, que reflicte que Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis frecuentes son Sofía, Noa, Daniela, Martina, Sara e Valeria. Se se compara co 2017, os cinco primeiros continúan na mesma posición mentres que Lucía desaparece do sexto lugar e é substituído por Valeria. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008, só se manteñen dous nomes entre os seis primeiros nomes máis frecuentes que son Noa e Sara.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os seis máis frecuentes son Mateo, Martín, Lucas, Hugo, Leo e Daniel. A mesma comparativa co 2017 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano aínda que en posicións distintas, agás Enzo que desaparece e é substituído por Daniel. Pola contra, se se establece unha comparativa co ano 2008, só se manteñen Hugo e Daniel.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como, entre 2017 e 2018, no caso dos nenos todos os nomes coinciden agás Diego, Mario e Alex que no 2018 son substituídos por Nicolás, Anxo e Roi. En canto ás nenas, no 2018 soben á lista María, Lía e Mía e desaparecen Paula, Iria e Sabela. Ademais, na actualidade medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (Noa, Antía ou Uxía) como para os nenos (Brais, Antón ou Anxo).

A estatística pódese consultar neste enlace.

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Esta estatística pódese consultar neste enlace.

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2017 E 2018

NENOS
NENAS
 
2018
2017
 
2018
2017
1
Mateo
Martín
1
Sofía
Sofía
2
Martín
Lucas
2
Noa
Noa
3
Lucas
Mateo
3
Daniela
Daniela
4
Hugo
Hugo
4
Martina
Martina
5
Leo
Leo
5
Sara
Sara
6
Daniel
Enzo
6
Valeria
Lucía
7
Manuel
Daniel
7
Alba
Alba
8
Pablo
Pablo
8
Enma
Carla
9
Gael
Manuel
9
Lara
Lara
10
Enzo
Izan
10
Lucía
Vera
11
Marco
Adrián
11
María
Carmen
12
Brais
Diego
12
Carla
Valeria
13
Izan
Gael
13
Julia
Paula
14
Adrián
Alejandro
14
Antía
Julia
15
Antón
Mario
15
Uxía
Valentina
16
Nicolás
Marco
16
Carmen
Uxía
17
Alejandro
Brais
17
Vera
Emma
18
Anxo
Antón
18
Valentina
Antía
19
Iago
Alex
19
Lía
Iria
20
Roi
Iago
20
Mía
Sabela
Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Facenda
Data de actualización: 30/10/2019