Un total de 100 desempregados da Laracha rematan a súa formación dentro dos programas integrados de emprego da Xunta

O delegado territorial da Xunta participou na entrega de diplomas de produción industrial e de xestión loxística e de almacén

A Laracha (A Coruña), 07 de novembro de 2019

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde da Laracha, Jose Manuel López Varela, participou hoxe no acto de clausura do Plan Integrado de Emprego (PIE), Impulsa Emprego-A Laracha no que se formaron a 100 alumnos e contou cun orzamento da Xunta de 250.000 euros e cun investimento total de máis de 294.000 euros.

Ovidio Rodeiro destacou que “con este curso o concello facilitou aos participantes do programa, información, orientación e asesoramento para atopar un traballo, así como formación específica no ámbito das actividades industriais e auxiliares, tales como a produción industrial de fabricación e montaxe en cadea e a xestión loxística e de almacén, complementadas con outras actividades vinculadas á administración e servizos, contabilidade e fiscalidade e novas tecnoloxías”.

O representante do goberno autonómico apuntou que “o PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, as entidades e a Xunta para mellorar a formación transversal das persoas desempregadas para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas”.

Na súa intervención, Ovidio Rodeiro lembrou que “estes programas recollen un obxectivo de inserción no mercado laboral do 45%”.

Así, a Xunta segue potenciando a colaboración cos concellos para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/11/2019