A Xunta avoga por impulsar a responsabilidade social nas empresas para xerar traballo de calidade e construír unha comunidade máis igualitaria e competitiva

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou esta tarde en Santiago de Compostela a xornada coloquio ‘Calidade no emprego e Responsabilidade Social Empresarial’

Destaca que o Goberno galego conta coas medidas enmarcadas na Estratexia de RSE centradas nas empresas, na Administración e na sociedade

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2019

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, inaugurou esta tarde en Santiago de Compostela a xornada coloquio Calidade no emprego e Responsabilidade Social Empresarial, organizada por Executivas de Galicia, onde destacou a aposta da Xunta por impulsar a responsabilidade social nas empresas galegas co obxectivo de xerar traballo de calidade e construír unha Comunidade máis igualitaria e competitiva.

Así, o Goberno galego conta coa Estratexia de Responsabilidade Social Empresarial para impulsar 30 medidas ata 2021 coa finalidade de que estas medidas se leven a cabo por iniciativa das propias empresas; fomentar compromisos económicos, ambientais e sociais; e integrar conductas responsables dirixidas tanto ás empresas como á Admisnitración e á sociedade.

Na xornada abordáronse cuestións como a importancia da calidade do emprego para a xestión do talento ou as tendencias en responsabilidade social empresarial en relación aos horarios para a conciliación.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/11/2019