Un total de 300 persoas desempregadas da área de Ferrolterra recibirán asesoramento, formación e prácticas a través dos Programas Integrados de Emprego impulsados pola Xunta

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que se celebrarán dous cursos nos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 450.000 euros

Ferrol, 15 de novembro de 2019

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da resolución dos Plans Integrados de Emprego para Concellos na comarca de Ferrol. O PIE é unha iniciativa na que colaboran os concellos, e a Xunta para mellorar a formación das persoas desempregadas e para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

O representante do goberno autonómico anunciou que na área de influencia de Ferrolterra realizaranse tres PIE en na Mancomunidade de Ferrol, integrada por ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño, exclusivo para mulleres; en As Pontes de García Rodríguez compartido con A Capela e Xermade e en Ferrol. Estes programas permitirán formar a 300 desempregados dos cales cando menos, un 35% lograrán inserirse no mercado laboral. Estes dous cursos suporán un investimento na comarca de 549.500 euros.

No conxunto da provincia a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados grazas a un investimento que supera os 1,9 millóns e chegarán a 900 desempregados. Así, coa participación de 22 concellos a Xunta segue potenciando a colaboración con concellos para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Ovidio Rodeiro apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación con prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradeira no tempo”.

Entre os programas máis importantes da Xunta, que se desenvolven na contorna de Ferrol, destacan os 53 cursos do Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), que contarán cun investimento de 2,3 millóns de euros e os 3 Obradoiros de Emprego que suman 852.000 euros. En total, se lle engadimos os tres PIE, a Xunta de Galicia investirá en plans de formación da comarca de Ferrol máis de 3,7 millóns de euros.

 

ENTIDADE SOLICITANTE

CONCELLOS CONVENIO

ÁMBITO TERRITORIAL

 SUBVENCIÓN CONCEDIDA

TIPO DE PROGRAMA

MANCOMUNIDADE CONCELLOS COMARCA FERROL

 

ARES, CABANAS , CEDEIRA, FENE, MUGARDOS, NARÓN, NEDA e VALDOVIÑO

                 207.000,00 €

PROGRAMA EXCLUSIVO MULLERES

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

AS PONTES, A CAPELA, XERMADE

AS PONTES , A CAPELA, XERMADE

                 145.000,00 €

XERAL

FERROL

 

FERROL

                 197.500,00 €

XERAL

TOTAL

  

                 549.500,00 €

 
Data de actualización: 15/11/2019