Un total de 178 centros de ensino públicos participan este curso no programa ‘Introdución da robótica en primaria’

A Consellería de Educación vén de incorporar 25 centros a esta iniciativa

Cada colexio participante conta cun kit de material que lle permite iniciarse na programación básica, robótica e construción

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2019

Un total de 178 centros de ensino públicos de toda Galicia desenvolverán este curso o programa de innovación educativa Introdución á robótica educativa en primaria, que ten como obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. Para continuar ampliando a participación dos colexios nesta iniciativa, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de incorporar neste curso 2019/20 un total 25 centros docentes públicos ao programa. A relación de novos centros pode consultarse na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
A Coruña
A Coruña
CEIP José Cornide Saavedra
A Coruña
Ames
CEIP Agro do Muíño
A Coruña
Camariñas
CEIP O Areal
A Coruña
Carballo
CEIP Bergantiños
A Coruña
Culleredo
CEIP Isaac Díaz Pardo
A Coruña
Culleredo
CEIP Vila de Rutis
A Coruña
Fene
CPI A Xunqueira
A Coruña
Ferrol
CEIP Recimil
A Coruña
Moeche
CEIP de San Ramón
A Coruña
Narón
CRA de Narón
A Coruña
Oleiros
CEIP Luís Seoane
A Coruña
Vedra
CPI Plurilingüe de Vedra
Lugo
Begonte
CEIP Virxe do Corpiño
Lugo
Lugo
CEIP A Ponte
Ourense
Pobra de Trives, A
CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso
Ourense
Xunqueira de Ambía
CEIP Padre Crespo
Pontevedra
Moaña
CEIP Plurilingüe Domaio
Pontevedra
Mondariz
CPI de Mondariz
Pontevedra
Nigrán
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios
Pontevedra
Ponteareas
CEIP Fermín Bouza Brey
Pontevedra
Pontevedra
CEIP A Xunqueira Nº 1
Pontevedra
Tui
CEIP Plurilingüe de Guillarei
Pontevedra
Vigo
CEIP Virxe do Rocío
Pontevedra
Vigo
CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral
Pontevedra
Vigo
CEIP O Sello

Introdución á robótica educativa en primaria enmárcase na estratexia Edudixital 2020 e vai dirixido ao alumnado dos cursos 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, pode integrar a robótica de diversas maneiras: mediante unha materia de libre configuración de centro no marco da normativa vixente, dentro das materias de forma transversal, a través de programas de innovación educativa desta consellería ou obradoiros que se desenvolvan fóra do horario lectivo.

Cada centro docente de nova incorporación seleccionado para desenvolver o programa recibirá unha dotación de material relacionada coa robótica educativa para poder levar a cabo o proxecto, que estará formada por 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado, 6 kits de construción que permitan a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes, un manual de uso e unha guía didáctica.

Data de actualización: 15/11/2019