A Consellería do Medio Rural promociona a marca de calidade 'Galega 100%' na IX Festa da Caza de Rodeiro
Rodeiro (Pontevedra), 17 de novembro de 2019

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu esta mañá á IX Festa da Caza de Rodeiro para promover o consumo de leite amparado co selo de calidade Galega 100%.

Así, fíxose reparto duns 1.500 mini bricks de leite con orixe certificada entre os asistentes a esta festa, xunto con folletos informativos. O director xeral destacou a importancia de promocionar a marca Galega 100% entre a poboación en xeral, posto que este selo identifica o leite e os produtos lácteos de calidade diferenciada elaborados con materia prima galega, feitos e envasados na nosa comunidade.

 

Data de actualización: 17/11/2019