O vicepresidente da Xunta reúnese co fiscal coordinador de Seguridade Viaria e co fiscal superior de Galicia
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe una xuntanza co fiscal coordinador de Seguridade Viaria, Bartolomé Vargas, e co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes. No encontro tamén participaron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez.

Durante o encontro, abordaron posibles liñas de cooperación en materia de seguridade viaria. Así, coincidiron na importancia das comisións de coordinación provincial para a seguridade viaria, nas que se coordinan as distintas administracións con competencia na materia; así como na necesidade de seguir potenciando a prevención a través da educación dos máis pequenos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/11/2019