Cores Tourís asiste á inauguracion do Centro Superior de Música de Valga
Pontevedra, 22 de novembro de 2019

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu esta mañá a inauguración do novo Centro Superior de Música de Valga no auditorio da localidade, en compaña do alcalde da vila, José María Bello Maneiro.

No acto, o delegado territorial destacou a importancia da formación musical así como o esforzo da xestora Galival Música e do concello de Valga para que a comunidade autónoma poida contar cun terceiro centro superior de música privada que dará formación de continuidade aos alumnos dos conservatorios máis próximos, como o de Cambados, Vilagarcía, Santiago ou Pontevedra. Cores Tourís desexou que a iniciativa sexa todo un éxito e recordou que se trata dun proxecto ilusionante de alta calidade ao servizo do talento e da educación musical.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/11/2019