Conde anima en Santiago ás empresas enerxéticas galegas a adoptar o modelo de industria 4.0 para dar resposta aos novos retos
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe á celebración do 40º aniversario da Asociación de Produtores e Distribuidores de Galicia (Apyde). No acto, Conde convidou ás empresas a adoptar o modelo 4.0 para afrontar con mellores garantías os novos retos aos que que debe responder a industria, como a dixitalización e a incorporación das novas tecnoloxías.

Do mesmo xeito, o titular de Economía, Emprego e Industria recalcou a robustez e seguridade da rede eléctrica galega, se ben a Xunta ten reclamado á Rede Eléctrica de España (REE) que inclúa na súa planificación iniciativas como a nova subestación de Vigo, a electrificación do trazado do AVE a Galicia ou a interconexión eléctrica con Portugal.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/11/2019