O seguimento da folga nos centros sanitarios de atención primaria na xornada de tarde é do 14,1% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019.- A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Galicia na xornada de hoxe, correspondente á quenda de tarde, está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por un 14,1% do total do persoal chamado á folga.

Por áreas sanitarias, o seguimento é do 15,2% na Área Sanitaria da Coruña e Cee; do 18,8% na Área Sanitaria de Ferrol; do 10,9% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 5,5% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 12,6% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 7,8% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, e do 19,3% na Área Sanitaria de Vigo.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%.

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 28/11/2019