Esta misión forma parte do proxecto de cooperación ‘AquAmoz’, que está a desenvolver o Goberno galego en colaboración coa Universidade da Coruña
A Xunta colabora con Mozambique na mellorar a xestión da auga e a prevención de riscos de inundacións e secas

Durante tres semanas desenvolveranse sesións formativas e de traballo práctico cos técnicos do organismo hidráulico deste país

O obxectivo é desenvolver un sistema de indicadores que permitan previr e anticipar a resposta fronte ás secas na rexión sur

Realízanse talleres sobre a elaboración de plans á seca, centrándose na capital do país

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2019

A Xunta de Galicia está a colaborar con Mozambique na mellorar a xestión da auga e a prevención de riscos de inundacións e secas. Trátase dunha iniciativa que forma parte do proxecto de cooperación ‘AquAmoz’ que está a dsenvolver o Goberno galego en colaboración coa Universidade da Coruña.

O proxecto dispón dun orzamento de 175.000 euros e está a desenvolver un sistema de indicadores e un plan de seca que permitirá o emprego de tecnoloxías e metodoloxías que se adapten á realidade do país africano para mellorar o control dos eventos de seca.

O equipo desprazado traballa cos técnicos da Administración Rexional da auga do Sur, organismo homólogo de Augas de Galicia no sur de Mozambique, nas súas oficinas de Maputo.

Entre as actividades programadas, destacan as sesión formativas e de traballo práctico para o desenvolvemento e implementación dun sistema de indicadores que permitan monitorizar a seca na rexión sur do país.

En paralelo, están programados diferentes talleres de traballo para apoiar o desenvolvemento de plans de seca por concas. Nesta fase inicial, os traballos se centrarán na capital do país.

Tamén traballarán nas facultades de Enxeñería Civil da Universidade Eduardo Mondlane, principal universidad del país, situada tamén en Maputo. Neste caso realizaranse sesións formativas nas que se fomentará o traballo coordinado entre a universidade e a administración da auga de Mozambique.

O proxecto ‘AquAmoz’

Dende o ano 2012, Augas de Galicia e a Universidade da Coruña co grupo GEAMA, desenvolven accións de cooperación coa administración da auga de Mozambique co obxectivo de fortalecer a xestión dos recursos hídricos no país africano.

Na actualidade as actividades céntranse no fortalecemento da Administración homóloga de Augas de Galicia, para facer fronte á seca que padece o sur do país desde o ano 2016, a máis severa nos últimos 25 anos.

Para iso, nun traballo conxunto co organismo homólogo de Augas de Galicia, ata a data foron realizados estudos de caracterización da seca na devandita bacía e traballouse no deseño dun Boletín Mensual de seca. En paralelo iniciouse o deseño dun Plan de Seca por concas, que tamén será desenvolvido na bacía piloto.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/11/2019