A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro no litoral de A Coruña e Pontevedra

Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese 

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2019

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Pontevedra a partir desta medianoite.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta medianoite espérase temporal costeiro que afectará ao litoral das provincias de A Coruña e as Rias Baixas na provincia de Pontevedra.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.  

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 30/11/2019