A Xunta avanza con alcaldes de Pontevedra na aplicación do convenio para a xestión da biomasa forestal preto das vivendas
Pontevedra, 2 de decembro de 2019

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse esta mañá con alcaldes da provincia pontevedresa para avanzar nos traballos de xestión de biomasa preto das vivendas. Este encontro enmárcase na rolda de contactos que está a manter a Xunta cos rexedores municipais de concellos con parroquias priorizadas no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A xuntanza serviu tamén para facilitar aos alcaldes información sobre o contido e alcance da segunda addenda a este acordo, asinada a pasada semana e que dá continuidade e mellora o convenio rubricado en agosto de 2018 e renovado a través dunha addenda en abril de 2019. Este acordo está orzamentado en preto de 36,7 millóns de euros, dos cales a Xunta aporta arredor de 28 millóns.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 02/12/2019