A Xunta avanza cos alcaldes ourensáns na aplicación do convenio para a xestión da biomasa forestal preto das vivendas
Ourense, 2 de decembro de 2019

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, reuniuse esta mañá con alcaldes da provincia ourensá para avanzar nos traballos de xestión de biomasa preto das vivendas. Este encontro enmárcase na rolda de contactos que está a manter a Xunta cos rexedores municipais de concellos con parroquias priorizadas no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A xuntanza serviu tamén para facilitar aos alcaldes información sobre o contido e alcance da segunda addenda a este acordo, asinada a pasada semana e que dá continuidade e mellora o convenio rubricado en agosto de 2018 e renovado a través dunha addenda en abril de 2019. Este acordo está orzamentado en preto de 36,7 millóns de euros, dos cales a Xunta aporta arredor de 28 millóns.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 02/12/2019