Valentín García participa na homenaxe do Parlamento a Celso Emilio Ferreiro
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe que lle rendeu hoxe o Parlamento de Galicia a Celso Emilio Ferreiro no 40 aniversario do pasamento do autor de Longa noite de pedra (Galaxia, 1962), obra que constitúe un fito na poesía de reivindicación social da literatura galega e que converteu o escritor celanovés en símbolo do movemento socialrealista.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 02/12/2019