A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos de varios ríos do concello de Vimianzo

Augas de Galicia está a levar a cabo estes traballos no río Vimianzo, nun tramo de máis de 6,4 quilómetros, e no río Monte Barrigoso nun treito de 1,5

Esta a actuación forman parte das tarefas de Augas de Galicia de mantemento de tramos en áreas con risco potencial de inundacións, e consisten na retirada de árbores mortas e de elementos que susceptibles de causar atoamentos

Os traballos enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito da zona Galicia-Norte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade con estas intervencións perseguen a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais dos ecosistemas

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos de varios ríos ao seu paso polo concello de Vimianzo

Os traballos que Augas de Galicia están executando comprenden un tramo de mais de 6,4 quilómetros de lonxitude do río Vimianzo, e nun treito de 1,5 quilómetros de lonxitude do río Monte Barrigoso.

Estas actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos deste ríos e en distintos regos, formando parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs). Os traballos céntranse na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, así como rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais e favorecer as súas condicións naturais dos ecosistemas dos ríos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 06/12/2019