A Secretaría Xeral para o Deporte reúne nos últimos tres días a 4.529 nenos e nenas practicando campo a través na provincia de Pontevedra grazas ao programa Xogade
Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2019

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de celebrar no día de onte dous crosses zonais do programa Xogade na Estrada e en Ponteareas. Por unha banda, o Zonal de Campo a Través da Estrada que tivo lugar na praia fluvial de Liñares para os 886 alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria (categorías benxamín alevín e infantil) dos centros educativos do CEIP Cabada Vázquez, CPR Nosa Señora de Lourdes, CEIP Figueiroa, CEIP Pérez Viondi, CEIP Manuel Villar Paramá e CEIP Plurilingüe de Oca (A Estrada), así como o CPI Aurelio Marcelino Rey (Cuntis) e o CPI Santa Lucía (Moraña). Por outra banda, o Zonal Campo a Través o Condado-Paradanta reuniu no Círculo Cultural de Guláns a 405 nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria (alevín e infantil) dos centros do CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Ramiro Sabell Mosquera, CEIP Fermín Bouza Brey, CPR La Inmaculada, CPR Santiago Apóstol e CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas), así como o CEIP Infante Felipe e CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño), CEIP Antonio Blanco (Covelo) e CPI de Mondariz (Mondariz).

Con estes dous zonais de campo a través, a xefatura de servizo provincial de Deportes en Pontevedra vén de celebrar seis crosses do programa Xogade nos últimos tres días. Os outros cinco foron o Zonal de Campo a Través do Ulla-Umia, celebrado o martes 3 de decembro na área recreativa A Azucareira de Portas, que acolleu a 1.080 nenos e nenas de 14 centros; o Zonal de Campo a Través do Val Miñor, celebrado o mércores 4 de decembro na praia de Ladeira (Baiona) e no que participaron 925 nenos e nenas doutros 14 centros; o Zonal de Campo a Través Terra do Deza, que tivo lugar o mércores 4 no recinto feiral de Silleda con 799 alumnos e alumnas de dez centros e o Zonal Campo a Través do Condado – Paradanta celebrado tamén no Circuíto Cultural de Guláns (Ponteareas) o mércores 4 para os 434 alumnos e alumnas de 5º e 6º de once centros educativos.

En total, a Secretaría Xeral para o Deporte vén de reunir na provincia de Pontevedra a un total de 4.529 nenos e nenas practicando unha das modalidades do programa Xogos Deportivos en Idade Escolar (campo a través) durante tres días consecutivos. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destaca a “importancia do deporte na educación dos máis cativos porque xera modelos de vida saudable que lles acompañarán ao longo da súa vida”. Do mesmo xeito felicita ás agrupacións deportivas e colexios “por todo o esforzo realizado ao longo do ano”.

O programa Xogade que a Secretaría Xeral para o Deporte leva a cabo xunto as Federacións e Agrupacións Deportivas Galegas recolle toda a actividade deportiva e lúdica, en idade escolar promovida desde a Xunta de Galicia. Dos 128.624 nenos e nenas inscritos no programa Xogade na tempada 2018-2019, o 25% (32.594) realizaron actividades de campo a través.

Máis de 15.000 nenos e nenas nesta tempada

A estes eventos deportivos de campo a través do programa Xogade na provincia de Pontevedra hai que sumar o Zonal de Campo a Través do Salnés (celebrado o 13 de novembro e coa participación de 894 nenos e nenas), o Zonal Campo a Través de Secundaria da Estrada, Ulla-Umia e Val do Salnés (celebrado o 13 de novembro e coa concorrencia de 722 alumnos e alumnas), o Zonal de Campo a Través do Baixo Miño (o 15 de novembro con 1.094 rapaces e rapazas), o Zonal de Campo a Través de Clubs da Zona Norte (o 17 de novembro e con 250 deportistas), o Zonal de Campo a Través de Secundaria da Agrupación Deportiva Pontevedra (o 21 de novembro con 362 nenos e nenas), o Zonal de Campo a Través do Baixo Miño (o 23 de novembro con 270 participantes) e o Zonal de Campo a Través de Clubs de Vigo – Belarmino Alonso (o 24 de novembro con 400 participantes).

Nas vindeiras datas, ademais, celebraranse os Zonais de Campo a Través de Areas Gordas – O Morrazo (o 13 de decembro en Moaña e con 478 participantes), de Marín (o 14 de xaneiro e con 1.036 alumnos e alumnas), de Vigo (o 15 de xaneiro con 930 inscritos), do Val Miñor de Clubs e centros educativos (o 15 de decembro e con 800 participantes), da Agrupación Deportiva 14 -Mos, O Porriño e Redondela- (o 16 de xaneiro en Navia e con 1.000 inscritos) e o da Agrupación Deportiva Base Pontevedra (o 17 de xaneiro con 1.100 nenos e nenas anotados). Ademais no mes de xaneiro terán lugar tamén os Zonais de Campo a Través de Terra de Montes con 780 participantes e do Morrazo, con 400.

En total os zonais de campo a través realizados na provincia de Pontevedra polo programa Xogade na tempada actual 2019-2020 suman a participación de máis de 15.000 nenos e nenas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 06/12/2019