A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa costeiro no litoral da Coruña e Lugo que dará comezo mañá

Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese
 

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2019

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de A Coruña e Lugo a partir deste luns.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da mañá, o litoral noroeste e oeste da provincia de A Coruña e o litoral lucense estará en alerta laranxa, que se estenderá ao suroeste da Coruña ao primeiras horas da tarde, con mar combinada do noroeste con ondas entre 5 e 7 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/12/2019