Ovidio Rodeiro explicou en Curtis os beneficios de traballar para garantir o benestar animal para manter o prestixio dos produtos galegos
Curtis (A Coruña), 09 de decembro de 2019

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, visitaron esta mañá a Feira de Curtis, para manter un encontro cos tratantes que habitualmente desenvolven as súas actividades comerciais neste recinto. O obxectivo do encontro foi coñecer máis de cerca as demandas e perspectivas deste sector.

Entre os temas abordados destacaron os requisitos recollidos na Lei para garantir o benestar animal. Ovidio Rodeiro puxo en valor as medidas impulsadas desde Medio Rural en colaboración co sector para ordenar e fomentar as producións cárnicas e a súa venta, así como para potenciar a súa promoción nos diferentes mercados, co fin de consolidar o seu prestixio entre os consumidores. Un prestixio que –dixo– ten moito que ver coa especial atención que se lle presta a aspectos como o benestar animal, a sanidade e o respecto ao medio ambiente.

Ademais, abordouse a necesidade de seguir poñendo en valor as feiras como parte da nosa tradición e da nosa cultura. Neste senso, destacaron a posibilidade que dan estes eventos de adquirir tanto produtos cárnicos, como produtos da horta e produtos procedentes do mercado de proximidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/12/2019