A Xunta reforza a atención ás emerxencias transfronteirizas coa entrega dun camión ao GES de Lobios no marco do proxecto ARIEM+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dun camión do tipo Bomba Rural Ligera (BRL) ao Grupo de Emerxencias

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dun camión de tipo Bomba Rural Ligera (BRL) ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais do concello de Lobios, no marco do proxecto (ARIEM+), coa finalidade de reforzar a atención das emerxencias na zona transfronteiriza e mellorar a calidade do servizo que reciben os cidadáns a ambos lados da fronteira.
Alfonso Rueda, acompañado da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, indicou que tratase dun vehículo de primeira saída, un camión do tipo Bomba Rural Ligera (BRL), cun motor de 280 CV, tracción total 4x4. Ademais dunha bomba de impulsión cun depósito de 2.000 litros de auga e de armarios co material necesario para facer unha primeira intervención na extinción dos lumes, cun investimento que supera os 213.000 euros.
A Xunta segue así coa premisa de dotar aos servizos de emerxencias de mais equipamento para que os servizos de emerxencias estean o mellor preparados ante calquera emerxencia. A entrega deste camión enmárcase no proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM+, un espazo común en materia de emerxencias entre Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal, que permite conseguir mais eficiencia coa colaboración en materia de emerxencias e riscos transfronteirizos, como a prevención e xestión de riscos naturais relacionados co clima e coas actividades humanas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/12/2019