A Xunta avanza con alcaldes de Lugo na aplicación do convenio para a xestión da biomasa forestal preto das vivendas
Lugo, 12 de decembro de 2019

O director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, reuniuse esta tarde con varios alcaldes da provincia lucense para avanzar nos traballos de xestión de biomasa preto das vivendas. Este encontro enmárcase na rolda de contactos que está a manter a Xunta cos rexedores municipais de concellos con parroquias priorizadas no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

A xuntanza serviu tamén para facilitar aos alcaldes información sobre o contido e alcance da segunda addenda a este acordo, asinada a finais de novembro pasado e que dá continuidade e mellora o convenio rubricado en agosto de 2018 e renovado a través dunha addenda en abril de 2019. Este acordo está orzamentado en preto de 36,7 millóns de euros, dos cales a Xunta aporta arredor de 28 millóns.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 12/12/2019