Ovidio Rodeiro asiste á entrega de distincións do Colexio de Axentes Comerciais da Coruña
A Coruña, 13 de decembro de 2019

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou na entrega de distincións do Colexio de Axentes Comerciais da Coruña. No acto fíxose entrega da insignia de prata aos seis colexiados que levan 25 anos en activo. O representante do Goberno autonómico felicitou a esta institución, unha das máis lonxevas so sector comerciais, xa que foi fundada en 1926.

Rodeiro Tato destacou que estes profesionais da intermediación mercantil son imprescindibles para establecer vínculos de confianza entre las dos empresas interesadas en establecer un intercambio comercial a través da compraventa de medios de equipo ou servizos. Ademais, Rodeiro tamén sinalou a importancia da figura económica dos axentes comerciais como xeradores de auto emprego, claves para o desenvolvemento económico das empresas a través do coñecemento de primeira man do mercado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/12/2019