A Secretaría Xeral para o Deporte recomenda suspender as actividades deportivas ao aire libre no interior de Pontevedra

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou alerta laranxa por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos por vento

Santiago, 19 de decembro de 2019

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta laranxa por un fenómeno meteorolóxico adverso por vento con refachos de ata 100 km/h durante todo o día que afectará o interior de Pontevedra. No resto das provincias permaneceran en nivel amarelo por vento ata o final do mesmo día

Por este motivo, desde a Secretaría Xeral para o Deporte ínstase á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre na durante o día de hoxe nas zonas afectadas.

A Secretaría Xeral para o Deporte pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

No caso de precisar información máis puntual ou detallada, débese chamar ao Centro integrado de Atención de Emerxencias 112 Galicia, ou consultar a páxina web da AEMET: www.aemet.es., do CAE 112: www.axega112.gal e de Meteogalicia: www.meteogalicia.es

Data de actualización: 19/12/2019