O 061 de Galicia asistiu a 62 persoas por 47 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 10 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de xaneiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 60 chamadas por accidentes de tráfico

A Estrada (Pontevedra), 13 de xaneiro de 2020

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 62 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 10 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 62 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
2
Ourense
5
Pontevedra
19
Galicia
47

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 59. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en tres accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 50 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas faleceron non lugar do sinistro.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 13/01/2020