O vicepresidente da Xunta reúnese co xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da UME
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuniuse hoxe co xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da Unidade Militar de Emerxencias (UME), o tenente coronel José Alberto Barja Navarro.

Alfonso Rueda destacou a importancia da coordinación entre a Xunta e a UME en materia de loita contra incendios forestais e na xestión de emerxencias e incidiu no apoio que prestan os militares da UME para reforzar os dispositivos de emerxencias da nosa comunidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/01/2020