A Xunta destaca o esforzo colectivo que Galicia está realizando para construír o seu futuro a través da innovación
Arteixo (A Coruña), 16 de xaneiro de 2020

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde aos Premios á innovación galega outorgados por La Voz de Galicia en colaboración con Vodafone, onde agradeceu o esforzo colectivo que se está realizando para construír a Galicia do futuro baseada en solucións innovadoras.

Tras destacar o traballo dos premiados e a súa contribución á cultura da modernización de Galicia, Conde lembrou que contar cunha Comunidade máis innovadora é un obxectivo estratéxico para a Xunta ao que este ano destinará 210 millóns de euros. Avanzarase no impulso dos sectores estratéxicos galegos mediante a súa transformación dixital, á vez que se explorarán novas oportunidades e se apoiará ás pemes neste proceso. O conselleiro asegurou que, grazas a iniciativas como a Estratexia galega de hubs de innovación dixital, Galicia se está posicionando no eido da I+D+i empresarial.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/01/2020