Ovidio Rodeiro informou que a Xunta apoiou na comarca de Santiago a 165 autónomos con axudas de máis de 390.000€

O delegado territorial destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

 

 

Santiago de Compostela, 08 de febreiro de 2020

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución do Bono Autónomo na área de Santiago de Compostela. Concretamente, nesta comarca recibiron estas axudas, no 2019, 165 persoas e as achegas totais foron de máis de 390.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Brión, Melide, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Ovidio Rodeiro destacou en relación coa convocatoria de axudas do Bono Autónomo, que “son partidas de ata 3000 euros para apoiar servizos e investimentos encamiñados á mellora da competitividade empresarial ou profesional dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses”.

A actuación contou con dúas liñas de axudas para mellorar a competitividade dos autónomos. Apoiarase, dunha banda, o desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de marketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanceamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías. Tamén se aprobaron axudas para outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial.

Financiáronse, doutro lado, investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, equipos informáticos ou rótulos; coa reforma do local; a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.

CONCELLO
Nº CONCESIÓNS

 IMPORTE CONCESIÓNS

AMES
23

                48.582,17 €

ARZÚA
4

                  9.607,33 €

BOIMORTO
1

                     2.487,20 €

BRION
1

                        919,16 €

MELIDE
6

                17.400,00 €

NEGREIRA
2

                  3.666,45 €

ORDES
22

                52.591,93 €

OROSO
1

                  3.000,00 €

PADRÓN
5

                  9.028,55 €

PINO (O)
2

                  4.037,35 €

ROIS
1

                     2.592,00 €

SANTA COMBA
28

                68.851,72 €

SANTIAGO DE COMPOSTELA
53

              123.535,96 €

SANTISO
1

                     1.712,00 €

TEO
5

                14.738,95 €

TORDOIA
1

                  3.000,00 €

TRAZO
3

                  8.800,00 €

VAL DO DUBRA
4

                11.711,04 €

VEDRA
2

                  4.449,86 €

TOTAL
165
              390.711,67 €

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/02/2020