A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos tramos interurbanos de nove ríos ao seu paso polo Concello de Muros

Os traballos de mantemento están a desenvolverse a cabo en distintos treitos do rego da Horta, Queimado, rego San Xoán, Valdexeira, rego das Covas, regato da Covela, Solleiros, río Maior e rego de Cernadas

Estas actuacións de Augas de Galicia forman parte das tarefas de mantemento de tramos en areas con risco potencial de inundacións, e consisten na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade persegue a mellora dos leitos fluviais e favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza de conservación nos tramos interurbanos de nove ríos ao seu paso polo concello de Muros
Estes traballos de mantemento están a desenvolverse no rego da Horta, Queimado, rego San Xoán, Valdexeira, rego das Covas, regato da Covela, Solleiros, río Maior e rego de Cernadas.
As actuacións lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes regos e río e forman parte dos traballos de mantemento de tramos en Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSIs), centrándose na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta na canle e roza selectiva. Unha vez finalizadas estas actuacións, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións se enmarcan no programa de mantemento de Augas de Galicia, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Este tipo de traballos da administración hidráulica da Xunta permiten permiten a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/02/2020