Román Rodríguez lembra a figura de Segundo Vázquez Portomeñe na presentación do último libro de 'La gran obra de los Caminos’
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela na presentación do último volume de La gran obra de los Caminos de Santiago, unha colección coordinada polo defunto Segundo Vázquez Portomeñe e editada por Hércules Ediciones que recolle información de todos os itinerarios xacobeos. Trátase dun tomo dedicado ao Camiño de Fisterra e Muxía que conta coa participación de autores expertos en Historia, Arte e no Camiño de Santiago.

A presentación deste novo volume serviu de homenaxe a Segundo Vázquez Portomeñe, falecido o pasado ano e antigo responsable do departamento de Cultura e Programas do Plan Xacobeo. Román Rodríguez puxo en valor a súa figura e destacou que foi unha persoa “comprometida co Camiño de Santiago” e “fundamental na promoción da Ruta Xacobea en todo o mundo”. Nesta mesma liña, o conselleiro afirmou que o “permanente interese” de Segundo Vázquez Portomeñe polos valores xacobeos “ten moito que ver coa realidade actual e co futuro que queremos para Galicia”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 19/02/2020