Oito empresas presentan as súas ofertas para executar unha senda peonil na estrada OU-143 ao seu paso polo núcleo rural de Albarellos, no concello de Monterrei

O trazado desta actuación coincide co discorrer da Vía da Prata, e dispón dun investimento autonómico de máis de 180.000 euros

A intervención permitirá dispor dun itinerario peonil a ambas dúas marxes da estrada , duns 340 metros de lonxitude, e un ancho mínimo de 1,9 metros

Esta actuación enmárcase no plan de investimentos que está a desenvolver a Xunta para o Xacobeo 2021

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2020

Oito empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar unha senda peonil na estrada OU-143 ao seu paso polo núcleo rural de Albarellos, no concello de Monterrei.

Trátase da construción dun itinerario peonil neste estrada, cuxo trazado coincide no seu percorrido co discorrer da Vía da Prata, cun investimento de máis de 180.000 euros.

Esta actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dispón dun prazo de execución de 6 meses, a contar desde o seu inicio.

Trátase dunha senda a ambas dúas marxes da estrada, duns 340 metros de lonxitude, e un ancho mínimo de 1,9 metros. O seu deseño ten como obxectivo dotar á zona dun itinerario peonil seguro, cómodo e accesible.

Con este fin executarase un pavimento de 15 centímetros cor gris natural, elevado 10 cm sobre a calzada, que inclúe zonas rebaixadas para facilitar as entradas de vehículos.
Tamén se construirán dúas paradas de autobús e se instalará unha marquesiña.

O departamento de Infraestruturas impulsa estas obras para mellorar e conservar a súa rede viaria, facendo estradas cómodas e máis seguras para todos os usuarios.

Esta actuación enmárcase no plan de investimentos que está a desenvolver a Xunta para o Xacobeo 2021.

Data de actualización: 20/02/2020